Paseando co meu can



Hoxe paseando por O Burgo atopeime  cunha  flor e uns bichiños que comían a flor.

Camiñaba co meu can que é moi  comilón e cando pasamos por diante da flor casi a papa.

Anida que só se vexa un bicho hai máis por debaixo da flor.


De paseo polo Burgo, Culleredo



O lugar onde vivo esta moi cerca da Ria do Burgo onde pódese ver moitos tipos de aves: limícolas, anátidas ... tanto no inverno como no verán.

O outro día, paseando co meu can, tiven a sorte de ver unha nai pata co seu fillo. Este as veces non atendía moito a sua nai e  pelexábase cun cisne.

Un paraugas no medio do millo



Paseando por uns camiños que coñecin durante o confinamento atopeime cun paraugas no medio do millo nunha leira. 

Que curioso!!


As cruces no Faro do Roncudo



As cruces no Faro do Roncudo, chamado así polo ruído que fai o mar ao bater coas rochas, son un homenaxe a todos os percebeiros e pescadores que morreron no mar.

Esta zona ten fama polos seus percebes. De feito é a zona cos mellores percebes de Galicia.

Na zona da Costa da Morte hai un trato moi especial coa morte. No día de  defuntos a xente pasa a noite nos cementerios.